Situado no alto de San Bieito, o punto máis elevado do municipio de Lalín e tamén da Serra do Candán cunha altitude de 1015 metros. É punto de cofluencia de tres municipios, Forcarei, Silleda e Lalín, ofrecéndonos espectaculares panorámicas do territorio destes concellos, e de outros como A Estrada ou Rodeiro. Tamén o monte Faro ou os montes do Testeiro que fan de fronteria coas provincias de Lugo e Ourense respectivamente.
Para chegar ata el dende Lalín temos que seguir a estrada PO-534 en dirección a Pontevedra, dende a rotonda do campo de fútbol de Donramiro percorrer 18,5 quilómetros, neste punto hai unha pista, sen asfaltar, á esquerda que nos leva ao alto de San Bieito a uns 4 quilómetros, pero xa dende a estrada PO-534 podemos apreciar fermosas vistas.