Miradoiro de Pedroselo

Situado en Bustelos, parroquia de Vilatuxe, unha das portas de entrada ó corazón do espazo Rede Natura 2000 Serra do Candán. Dende este miradoiro pode verse o curso do río Deza e a unión co río de Grobas, a aldea de Porto Martín, as devesas de Ameixedo, Bustelos e Moa. Tamén o Coto de Zobra, o monte Coco e os montes do Testeiro. E unha panorámica de Lalín.

Coordenadas Bustelos
42.5853611, -008.2437500
Coordenadas miradoiro
42.5808306, -008.2363972
Imagen Miradoiro de Pedroselo