Miradoiro cima de Valxanín

Situado no lugar de Portela, parroquia de Zobra, dende este miradoiro pódese apreciar unha panorámica das devesas de Bustelos e do río Zobra, así como os montes Castelón, O Coco e o alto de San Bieito.

Está localizado na marxe dereita da estrada que vai dende Vilatuxe a Zobra, 500 metros antes da aldea de Portela.

Coordenadas
42.5727250, -008.2136250
Imagen Miradoiro cima de Valxanín