A Feira do Cocido é a exaltación dun dos pratos senlleiros da gastronomía galega. Iniciou a súa andaina no ano 1968 co obxectivo de exaltar e dar a coñecer a comarca como referente na produción de cárnicos de calidade e de excelentes produtos do agro. Co paso dos anos converteuse nunha das principais festas gastronómicas de Galicia acadando ser declarada Festa de Interese Turístico Internacional no ano 2020, a primeira festa gastronómica en España que acada dito recoñecemento.
A Feira conta cun amplo programa de actos e actividades que teñen lugar no primeiro trimestre do ano e cuxo día grande se celebra cun vistoso desfile de carrozas, charangas e comparsas, e a lectura do pregón a cargo dalgún persoeiro recoñecido.
Máis información: http://feiradococido.lalin.gal/
Coordenadas desfile e pregón Feira do Cocido: 42.661529, -8.112208
Coordenadas "campo da feira" postos de venda de produtos: 42.659536, -8.114043