Vilanova (San Xoán)

Igrexa de orixe románica, reformada no s. XVIII. Conserva da época románica a fachada, de pedras moi irregulares, e os muros laterais.

A portada é dun arco de medio punto cunha arquivolta decorada con arcos e tacos incisos, está sustentada por dúas columnas de bases enterradas e capiteis moi pouco traballados. A espadana ten dous arcos e óculo. A seteira é produto da modificación barroca.

Nos muros consérvanse algúns canzorros de tipo xeométrico e con formas de animais.

No interior hai un retablo barroco coroado co escudo de armas do undécimo Conde de Lemos, o que o dataría na primeira metade do século XVIII.

Coordenadas
42.6133889, -008.1294167
Imagen Vilanova (San Xoán)