Soutolongo (Santa María)

Nesta igrexa atopamos unha moi interesante variedade de estilos arquitectónicos. Chama a atención a fachada, na que consta o ano 1798 como data da construción, rematada por un impoñente campanario de mediados do século XIX. Pero podemos observar elementos góticos, moi escasos en Galicia, e incluso románicos.

No interior, poden apreciarse bóvedas de crucería e arcos conopeos que sitúan a igrexa no gótico tardío. As referencias artísticas á Orden de Malta - da que Soutolongo foi Priorato - tanto escultóricas como pictóricas, son constantes. Esta igrexa atesoura pinturas murais datadas entre 1567 e 1589. Outro elemento excepcional é o sagrario pétreo, descuberto xunto con algunhas das pinturas cando se retirou o retablo barroco para a súa restauración. Varios arcosolios con estatuas xacentes do s. XV, completan un conxunto moi rico e variado.

Preto da igrexa están o Pazo de Des e o Pazo dos Infanzóns, ambos propiedade privada.

Coordenadas
42.6231667, -008.1607500
Imagen Soutolongo (Santa María)