Palio (Santa Baia)

As súas orixes sitúanse no s. XI, sendo a igrexa máis antiga que se conserva no municipio. Posteriormente sería reformada no s. XII, xa na plenitude do románico, e no XVIII, no que se lle engadiría a sacristía e a espadana. A súa sinxeleza e pequeno tamaño evoca á perfección o carácter recatado do románico rural galego.

Ten planta de unha soa nave e ábsida rectangular, sobre a que destaca un año sen a cruz antefixa, conserva tamén os canzorros e a sinxela cornixa. A portada occidental é simple, sen arquivolta e con tímpano apuntado. A parte superior da nave foi refeita, gañando en altura e perdendo os canzorros primitivos.

No seu interior destacan os dous capiteis, con motivos vexetais e unha figura no centro, sobre os que se apoia o arco triunfal de medio punto. Tamén varios frescos recuperados no 2020, datados entre finais do século XV e finais do século XVI.

Coordenadas
42.7575278, -008.1072778
Imagen Palio (Santa Baia)