O Cello (San Martiño)

Conta cunha ábsida rectangular románica de perpiaños de granito, cunha seteira cegada no testeiro.

No interior conserva o arco triunfal de medio punto sobre dúas columnas con cadanseus capiteis lisos, aínda que parecen ter sido limpados por unha posible ornamentación obscena.

Na fachada principal unha espadana dun so arco rematado en pináculos é de época barroca.

Foi reformada a mediados do século XIX.

Coordenadas
42.7435278, -008.1160833
Imagen O Cello (San Martiño)