Moneixas (San Adrián)

A igrexa conserva da súa fábrica románica do século XII, a cabeceira rectangular cuberta con bóveda de canón feita con pedras irregulares, cun arco triunfal e un arco faixón, ambos sustentados por columnas con capiteis de gran tamaño decorados con follas. Nos capiteis do arco triunfal podemos ver unha cabeza humana e outra de león.

O resto da igrexa foi moi reformado, no século XVIII ábrense dúas capelas unha no muro sur, que se conserva e outra no muro norte que foi ampliada en época moderna dando lugar a capela-santuario da Virxe do Carme

No interior do muro sur da cabeceira apareceu, con motivo dunhas obras, unha pintura mural, que se cree pode datarse a finais do século XV ou principios do XVI. Representa a flaxelación.

Coordenadas
42.6390556, -008.1159722
Imagen Moneixas (San Adrián)