Lalín de Arriba (San Martiño)

Houbo neste lugar un mosteiro fundado no 1019 segundo a escritura de fundación e dotación. Era un mosteiro dúplice aínda que con dous edificios separados pola igrexa. Sábese da súa existencia aínda no ano 1239 gracias aos documentos dunha permuta de bens entre a abadesa deste mosteiro e o abade de Aciverio.

A igrexa actual non é a orixinaria do mosteiro, foi reconstruída no século XII no mesmo solar e aproveitando materiais daquela.

Conserva da súa fábrica do século XII a ábsida (modificada ao engadirlle a sacristía, que é moderna) rectangular, na que se pode ver unha ventá dunha arquivolta sobre columnas de capiteis decorados, un deles con cunchas de vieira, no centro unha seteira cegada.

A fachada occidental tamén se conserva na súa totalidade, a portada con arco de medio punto con dúas arquivoltas soportadas por dous pares de columnas acaroadas, os capiteis e as bases das exteriores non teñen decoración os das interiores si. O tímpano é liso. Remata a fachada unha espadana dun só arco.

Nos muros de ambos lados consérvase a cornixa con canzorros de diferentes formas, as marcas dos canteiros (sobre todo no muro sur), así como as ventás seteiras (no muro norte).

No interior o arco triunfal de medio punto sobre columnas con bases decoradas con garras e capiteis vexetais.

Moi preto dela atópase o cruceiro mais antigo do municipio datado no 1675.

Coordenadas
42.6611111, -008.1069167
Imagen Lalín de Arriba (San Martiño)