Castro de Cabras (San Pedro)

Aparece mencionada en documentos relacionados co mosteiro de Oseira a partir de 1210.

Da súa fábrica románica conserva o arco triunfal que descansa sobre columnas con capiteis decoradas con grandes follas, nun deles apreciase unha curuxa de longa lingua e no outro un personaxe que sostén un libro na man esquerda e en actitude de bendicir coa dereita.

Na fachada presenta unha chambrana decorada con bolas que posiblemente fose aproveitada do primitivo templo. A ambos lados da porta campan dúas pías bautismais imposibles de datar pola sobriedade da súa decoración, aínda que de claro aire románico.

Coordenadas
42.6489444, -007.9966389
Imagen Castro de Cabras (San Pedro)