Losón (Santuario da Nosa Señora de O Corpiño) Igrexa de estilo neoclásico edificada ao longo do século XVIII. Curiosa construción que aparenta ter dúas fachadas.
Vilanova (San Xoán) Igrexa de orixe románica, reformada no s. XVIII. Conserva da época románica a fachada, de pedras moi irregulares, e os muros laterais.
Soutolongo (Santa María) Nesta igrexa atopamos elementos de distintos estilos arquitectónicos, entre eles góticos, bastante escasos en Galicia.
Santiso (San Román) Chama a atención nesta igrexa a fachada con balaustrada e pináculos na parte superior.
Rodís (San Xiao) Este templo do século XII é unha das xoias románicas do municipio, xa que posúe a súa fábrica orixinal case intacta.
Prado (San Martiño) Nesta igrexa podemos observar a evolución dun pequeno templo rural galego.
Palmou (San Xoán) Aínda que moi reformada conserva diversos elementos da súa fábrica románica de finais do século XII.
Palio (Santa Baia) As súas orixes no século XI convírtena na igrexa máis antiga que se conserva no municipio.
O Cello (San Martiño) Conta cunha ábsida rectangular románica de perpiaños de granito, cunha seteira cegada no testeiro.
Moneixas (San Adrián) Conserva varios elementos da súa fábrica románica do século XII, no interior.
Losón (Santa Baia) Segundo consta na inscrición situada nun contraforte, esta igrexa comezou a construírse no ano 1165.
Lalín de Arriba (San Martiño) Conserva moitos elementos da súa construción do século XII, ábsida, fachada occidental, canzorros, marcas de canteiros, seteiras e arco triunfal.
Goiás (San Miguel) Esta atípica igrexa, construída no século XII, aínda conserva a esencia propia dos templos románicos do rural galego.
Donsión (Santa Baia) De estilo Barroco. Mandouna construír no ano 1731 Cayetano Gil Taboada.
Donramiro (Santa María) A súa fábrica primitiva é da primeira metade do século XII. Reformada en 1654, conserva da época románica parte da nave e a totalidade da fachada.
Cercio (Santiago) Construída no ano 1700.
Castro de Cabras (San Pedro) Aparece mencionada en documentos relacionados co mosteiro de Oseira a partir de 1210.
Cangas (Santa Mariña) A data mais probable de construción da igrexa sería 1179
Camposancos (San Cristovo) Igrexa feita con pedras irregulares. Posúe unha ábsida semicircular, do século XII.
Bermés (Santa María) A parroquia de Bermés aparece mencionada nos documentos do bispo Odoario no século VIII. A igrexa primitiva foi substituída no século XII.
Anzo (San Xoán) Destaca pola abundancia e pureza dos seus elementos románicos do século XII.
Alperiz (San Pedro) Igrexa orixinaria de mediados do século XII.