A exposición artístico-porcina é unha recoñecida iniciativa que, tomando como referencia a exposición de vacas Cow Parade, púxose en marcha con idéntico grao de orixinalidade para promocionar este Concello. Optouse polo porco como figura base da mostra por canto supuxo, e aínda supón, nas terras dezás este animal totémico, sen esquecer que a súa carne é ingrediente ineludible na elaboración do noso Cocido.
Os “porquiños” de Lalín está chamados a ser a imaxe de marca de Lalín en España xunto co “Lalín Quilómetro Cero de Galicia”. Os nosos porquiños causaron furor durante o seu debut en Fitur 2008 e posteriormente estiveron en Andorra, a Semana Temática de Lalín en El Corte Inglés, a Semana Verde de Galicia ou na cidade de Vigo. Pero a plataforma de lanzamento de esta exposición foi a XLI Feira do Cocido. O noso obxectivo é superar a cifra de 50 porquiños que, de forma itinerante, irá percorrendo as principais cidades de España acompañando ao cocido.
Imaxes realizadas por J.V.