Romería do Corpiño

Romaría mariana con misas e procesións. A orixe da Romaría do Corpiño hai que buscala na tradición oral recollida nun documento que se conserva na igrexa parroquial de Santa Baia de Losón.

Segundo este relato, a mediados do s.VIII nas aba do monte Carrio vivía un ermitán que fomentaba o culto á Virxe María e a el acudían os veciños que o consideraban un home santo. Cando morreu, o corpo permaneceu incorrupto e os veciños construíronedificaron unha capela adicada a San Adrián, e o lugar pasou a ser coñecido como O Corpiño. Coa invasión sarracena o corpo desapareceu e capela quedou arruinada e esquecida.

Moito tempo despois, no s. XII, uns nenos pastores acolléronse na arruinada capela fuxindo da tronada e víronse rodeados por unha luz misteriosa que emanaba dunha imaxe da Virxe que levaba ó neno Xesús no brazo dereito e un ramo de flores no esquerdo. A virxe indicoulles que fixesen o Sinal da Cruz e o temporal amainou. Os pais dos nenos ó ver chegar o gando sen os pastores saíron buscalos e atopáronnos na capela, pero non creron o seu relato. Finalmente despois de varias aparicións, o día de San Xoán, o cura e todo o pobo congregado asistiron a unha última aparición e emprenderon a construción dunha capela que acollera unha imaxe da Virxe aparecida.

Moi pronto, a fama do santuario estendeuse, e miles de ofrecidos acoden ó santuario a implorar á Virxe remedio para os seus males. Durante moito tempo o Santuario da Virxe do Corpiño foi coñecido por acudir a el persoas afectadas polo meigallo, ou o ramo cativo, que ante os intentos de sacerdote de expulsar o diaño do seu interior protagonizaban escenas impactantes con grandes berros e forcexeos. Hoxe en día as escenas de endemoñados xa non son tan comúns pero ó longo de todo o ano e especialmente no día grande e a véspera segue a ser unha das romarías con maior afluencia de devotos procedentes de toda Galicia.

O día 25 de marzo festéxase o chamado “Corpiño de inverno” ou “Corpiño pequeno”.

Data
23 e 24 de xuño
Lugar
Santuario de O Corpiño - Losón
Imagen Romería do Corpiño