Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Sen título
Autor
José Puchaes
Ano
1998
Materiais
Granito
Enderezo
Parque de Joaquín Loriga
Coordenadas
42.6622500, -008.1128611

Cun propósito provocador xa recorrido dabondo, nace esta peza de reducido formato e contornos cóncavos, aparentemente brando e maleable que descansa sobre a herba.

A forma cúrvase sobre si mesma nunha rosca, xerando unha cavidade que a torna casualmente nunha estraña pía escatolóxica convertida en receptáculo de desperdicios ocasionais.

O público que se atopa con esta obra, que representa nin máis nin menos que un desmesurado excremento, reacciona habitualmente de xeito contradictorio; mais sen dúbida o coprólito - metáfora invita ó espectador á reflexión sobre certas inmundicias e miserias sociais.

(Texto traducido, orixinal de : Alicia Fernández Dapena)

Imagen Sen título