Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Sen título
Autor
Xosé Couto Codeseira
Ano
1999
Materiais
Aceiro e granito
Enderezo
Paseo do Pontiñas
Coordenadas
42.6635000, -008.1126944

Obra composta de dúas pezas, unha delas feita de aceiro e pedra, ambos materiais fríos pero con distinta significación industrial.  A escena sitúase na beira da baranda que persegue o curso do río, resaltando e constrastando a horizontalidade daquela coa verticalidade en dous niveis de altura da escultura. Unha peza, feita dun paralelepípedo metálico soportado e coroado por formas pétreas, símbolo fálico, forma floral e mesmo personaxe antropomorfo sintetizado. A rentes do chan como se abrollara da herba, o segundo compoñente realizado só en pedra, apunta unha forma semellante á da coroa pero en outro estado temporal e formal; especie de abrocho semiaberto.

(Texto traducido, orixinal de : Alicia Fernández Dapena)

Imagen Sen título