Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Peregrino I
Autor
Manuel García Guerra
Ano
2019
Materiais
Aceiro corten
Enderezo
Confluencia das rúas Luís González Taboada, Monte do Faro, e Praza da Igrexa
Coordenadas
42.6613333, -008.1107222

Polo concello de Lalín discorren dous Camiños de Santiago: a Vía da Prata e o Camiño de Inverno, este último con percorrido polo casco urbano. Dúas estatuas situadas en dous puntos do centro da vila reciben e despiden simbolicamente aos peregrinos que por ela pasan. Soportan estoicamente as inclemencias do tempo e infunden ánimos ós camiñantes no percorrido que vai cara a Compostela.

Esta, situada a carón da igrexa parroquial, é a encargada de darlles a benvida ó pobo.

Imagen Peregrino I