Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

A Danza dos Amantes
Autor
Javier Iván Hita Rodríguez
Ano
2011
Materiais
Granito, Top Coat e cobre
Enderezo
Patio do museo Ramón Mª Aller
Coordenadas
42.6611111, -008.1134167

Gran pedra ovalada cortada pola metade, as caras externas son rugosas, as internas están pulidas e delas saen duas caras blancas que case se xuntan sin conseguilo, en aparente actitude de bicarse.

Imagen A Danza dos Amantes