Este busto situado na parroquia que o veu nacer en 1770, réndelle homenaxe a un personaxe de espírito emprendedor e viaxeiro sempre con ganas de aprender Pedro José Rodríguez
Graduose en teoloxía. Estudou matemáticas pola súa conta, conseguindo unha cátedra na Universidade de Santiago de Compostela con 31 anos.
Viaxou a París onde estivo tres anos. Durante 2 anos foi comisionado polo goberno español para participar no levantamento xeodésico da costa mediterránea. Posteriormente estivo en Cádiz onde traballou na confección dun mapa de España e no sistema de pesas e medidas.
En 1809 viaxou a Inglaterra onde escribe un artigo, publicado en 1812, con amplo eco internacional pois nel demostra que os meridianos terrestres son elípticos e que os estudos de William Mudge que o levaban á conclusión de que a Terra estaba achatada polo Ecuador eran incorrectos.
Regresa á docencia en Santiago de Compostela, pero en 1814 viaxa a Alemania, onde é posible que tivera contacto con Gauss e onde se interesa polas ciencias naturais, especialmente pola botánica e a cristalografía.
Viaxa de novo a Francia e dende alí a Italia e Suiza. Dende París traballa para conseguir valiosa instrumentación para a Universidade de Santiago de Compostela.
Rexeita a oferta do Zar Alejandro I de Rusia para facerse cargo do Observatorio de San Petersburgo para ser director do Observatorio Astronómico de Madrid e profesor de astronomía no Museo de Ciencias Naturais.
Tamén formou parte da política sendo deputado das Cortes do Estado.
Faleceu en Santiago de Compostela en 1924.
A biografía mais completa que existe sobre el foi escrita por Ramón María Aller Ulloa e publicada en 1929 nos Arquivos do Seminario de Estudos Galegos.