Esculturas

Lalín é terra de artistas e de amantes da arte, e iso nótase nas rúas. Unha boa forma de percorrer a vila é descubrindo as súas esculturas. Algunhas téñense convertido en símbolos do concello, coma a adicada ó aviador Loriga, ou a estatua do porco.

Unhas monumentais, outras discretas, unhas figurativas, outras abstractas. Todas teñen unha historia detrás, anímate a descubrila!

Alma de Vento
Autor
José Rocha Pino
Ano
2012
Materiais
Granito
Enderezo
Entorno do Castro Tecnolóxico
Coordenadas
42.6610000, -008.1169722

Gañadora do premio a obras de gran formato que concede a Fundación Feima para o fomento da arte en granito.

A escultura representa unhas ás. Mide máis de catro metros de altura e pesa máis de corenta toneladas.

Imagen Alma de Vento