Cruceiro de Outeiro

Situado na parroquia de Anzo, data do 1709.

Cruceiro que nace sobre unha base cúbica de pedra. Posúe un varal octogonal. O capitel xurde de entre follas e posúe grandes volutas e caras no punto de unión das mesmas. A cruz é cilíndrica e nela aparecen as imaxes de Cristo crucificado e da Virxe coas mans entrelazadas ,sobre peana sustentada por unha cara.

Coordenadas
42.7195278, -008.1945278