Cruceiro de Noceda

Do 1709. Cruceiro sobre un chanzo cadrado e unha base cúbica coas arestas rebaixadas. Varal cilíndrico no que destaca un saínte en forma de pequena placa. O capitel con volutas ábrese paso no medio de follas. A cruz é cilíndrica e nela aparecen as imaxes de Cristo, crucificado, cunha cara baixo os pes e da Virxe, coas mans entrelazadas e apoiada sobre unha peana sostida por unha cara.

Coordenadas
42.6989444, -008.1906389