Cruceiro de Moneixas

Presenta plataforma de tres chanzos. No pedestal cúbico aparece a inscrición coa data de construción, 1763. Varal octogonal liso.Capitel formado por duas filas de follas, na parte superior pequenas volutas que teñen no punto de unión caras. A cruz é cilíndrica, no anverso a imaxe de Cristo crucificado, sobre el a inscrición de INRI; mentres que no reverso ten unha imaxe da Virxe coas mans entrelazadas.

Coordenadas
42.6395556, -008.1165000