Cruceiro de Lalin de Arriba

Situado no casco urbano de Lalín na Rúa do Cruceiro, posúe todolos elementos dos cruceiros. Plataforma de 3 chanzos. Pedestal cúbico, no que existe unha inscrición, hoxe ilexible que o data no 1675, o que o convirte no cruceiro mais antigo do municipio, na parte superior do pedestal, caveiras en algunha das esquinas e ferramentas da paixón. Pousadoiro. Varal octogonal liso. Capitel con volutas e caras no centro. Cruz octogonal con Cristo no anverso e a Virxe rezando sostida por unha cara no reverso.

Dalle a benvida aos peregrinos que veñen polo Camiño de Inverno a súa chegada á vila.

Coordenadas
42.6613056, -008.1062222