Cruceiro de A Veiga

Data de 1885. Ten plataforma dun só chanzo. Sobre ela érguese o pedestal cúbico con inscrición na que aparece o nome do autor, Francisco Otero, isto é moi curioso xa que os canteiros non empezan a firmar as súas obras ata o século XX. O varal é cilíndrico con incisións en apariencia desordenadas todo ao longo. O capitel está decorado con ramillos sobre os que hai cabezas de anxos con ás que sustentan unha peana circular da que sae a cruz, cilíndrica, con imaxe de Cristo co cartel de INRI no anverso, e da Virxe no reverso.

Coordenadas
42.7053889, -008.0641389