A súa situación no centro da comunidade autónoma galega, converte a Lalín nun punto de confluencia de estradas que unen as principais cidades de Galicia. Dos tres aeroportos existentes, o de Santiago de Compostela está a tan só corenta minutos, e os de A Coruña e Vigo a pouco máis dunha hora.
Lalín é un dos municipios máis extensos de Galicia e os seus numerosos atractivos están distribuídos por todo o territorio. Vaia a onde vaia, o visitante sempre atopará algo interesante que ver ou que facer. A mellor maneira de coñecer estas terras é dispoñendo dun vehículo para percorrelas libremente, sen abafos.
Se non se dispón de vehículo propio, o taxi, o automóbil de alugueiro ou a bicicleta son algunhas das opcións alternativas máis recomendables.