Este pazo é unha xoia arquitéctonica galega con séculos de historia. Así é como ofrecen un marco onde a cultura e a natureza xúntanse para que cada visitante viva unha experiencia única.
Aloxamento
En todas as habitacións poderás desfrutar dunhas increíbles vistas á natureza que rodea ó pazo a través das súas amplias fiestras. Ademais todas están cuidadosamente decoradas. Se queres celebrar a túa voda neste pazo, tamén poderás aloxarte cos teus invitados e non vos faltará de nada!!
Restaurante
Ofrecen menús semanais de martes a venres ó mediodía, excepto festivos, e menús de fin de semana os sábados, domingos e festivos. Ademais teñen variedade de entrantes como por exemplo, surtido de croquetas caseiras, langostinos kataiffi, salmón marinado con queso DOP Cebreiro e máis.
Eventos
Este pazo ten un gran prestixio dado pola celebración dos seus eventos e polo esmero que poñen en que cada detalle sexa perfecto. Podes celebrar bautizos, comunións, aniversarios, eventos corporativos e máis. Pero sobretodo destacan polas súas vodas. Podes decidir se celebrar a túa ceremonia en interior ou exterior e ter o mellor festín para a túa voda garantizado con menús personalizados e produtos frescos que representen o mellor da gastronomía galega.
- Servizos
- Aloxamento e restaurante
- Especialidades
- Cocido, paletilla de cabrito, produtos de tempada
- O menú de hoxe
- Xantar de martes a venres, agás festivos. Menú especial fin de semana
- Prazas
- 400
- Pechado
- Luns
- Observacións
Cocido a fin de semana durante o "Mes do Cocido"(15 xaneiro - 14 febreiro), outros días con reserva. Banquetes. Camiño de Santiago (Vía da Prata/Camiño de Inverno)
- Enderezo
- Bendoiro de Abaixo, 3 - 36512 Bendoiro (Lalín)
- Teléfono
- (+34) 986 794 289 / 687 462 785
- Correo electrónico
- info@pazodebendoiro.com
- Sitio web
- Social
- https://www.facebook.com/pazobendoirooficial/https://www.instagram.com/pazobendoiro/https://x.com/pazodebendoiro
- Coordenadas
- 42.6796944, -8.1759722













