A medio camiño entre a guía e o receitario, recolle retallos da historia de vinte mulleres e algunhas das súas mellores e máis populares receitas. Todas elas foron galardoadas nas cinco primeiras edicións do premio "Toda unha vida", que anualmente e dentro dos Premios de Gastronomía de Galicia concede o Concello de Lalín, en colaboración coas máis importantes asociacións gastronómicas galegas.