NORMATIVA ESPECÍFICA APLICABLE:
- Lei 13/2008, de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia.
- Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
OBXECTO : O servizo de educación e apoio familiar constitúe un dos programas a través do cal os servizos sociais comunitarios desenvolven as súas funcións. Defínese como un conxunto de proxectos e servizos de apoio educativo e psicosocial dirixidos ás familias, co obxectivo de detectar, previr e superar as situacións de dificultade, especialmente as eventuais situacións de maltrato infantil ou calquera outra desprotección, así como promover procesos de cambio que favorezan un adecuado exercicio das responsabilidades familiares, a mellora da autonomía, da integración e da participación social das familias e unidades de convivencia.
OBXECTIVOS : de acordo ao artigo 8 do Decreto 99/2012 o servizo de educación e apoio familiar, de titularidade municipal, perseguirá de maneira prioritaria os seguintes obxectivos:
a) Promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas, fomentando a educación en igualdade e a corresponsabilidade.
b) Pór á disposición das familias participantes atención psicolóxica, así como alternativas, recursos e itinerarios socioeducativos en relación coas posibilidades do contorno.
c) Favorecer a integración, promoción e participación das familias ou unidades de convivencia en todos os ámbitos da vida comunitaria.
d) Previr e atender as situacións que provoquen vulnerabilidade ou risco social ás familias ou unidades de convivencia, ou a algún dos seus membros, con especial atención aos menores de idade.
e) Realizar o seguimento e a intervención nas familias en que se realizase derivación aos servizos sociais especializados de menores, cara a súa reintegración social e familiar.
d) Promover espazos de encontro de nais e pais enfocados á formación compartida e mellora das educación familiar.
PERSOAS DESTINATARIAS:
1. O programa diríxese con carácter xeral ás familias da comunidade de referencia dos servizos sociais comunitarios, con atención prioritaria a aquelas unidades de convivencia que se encontren en situación de maior vulnerabilidade, nas cales exista presenza de menores en risco de desatención ou nas cales se identifiquen outros factores que revelen unha situación de risco de exclusión social ou pobreza infantil.
2. Tamén se dará apoio a aquelas unidades de convivencia voluntaria con funcións análogas á familiar, sempre que favorezcan a autonomía e a integracións ocial das persoas que as constitúen.
UBICACIÓN : Concellería de Benestar e Emigración