Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
AS DOAZÓNS DOS VECIÑOS CHEGARON A VALENCIA ONDE SERÁN REPARTIDAS ENTRE OS CONCELLOS QUE AS VAIAN DEMANDANDO E CUBRINDO AS NECESIDADES QUE VAIAN XURDINDO
  • Unha parte importante do material de limpeza doado xa foi entregado ao Concello de Catarroja para axudar nas tarefas de acondicionamento da zona afectada

O material doado polos veciños de Lalín, Silleda e Rodeiro e recollido polos tres concellos dezaos chegou no día de onte a Valencia onde se irá repartindo entre os concellos valencianos que o demanden. Unha parte, a de limpeza, xa foi repartida e na súa maioría marchará para Catarroja e outra quedará almacenada nas instalacións deportivas que coordina o lalinense Diego López e se irá repartindo entre os concellos que o demanden en función das necesidades que vaian xurdindo nos vindeiros días.

Os concellos agradecen á empresa Gagotrans o terse encargado da loxística e ao dezao Diego López por ter feito de enlace entre a solidariedade dos lalinenses e as necesidades dos veciños da zona sur de Valencia afectados pola Dana.

km0