Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
A MATANZA TRADICIONAL DO 5 DE FEBREIRO EN BARCIA INCLUIRÁ DEGUSTACIÓN, ACTUACIÓN MUSICAL E NARRACIÓN EN DIRECTO

O lugar de aparcamento será ao carón da igrexa de Barcia, a uns 100 metros da vivenda onde se realizará a Matanza

Os oficiantes presentes, levarán vestimenta de tipo tradicional: boina e chaleco no caso do vestiario masculino e toquilla, camisa branca, falda de época e mandilóns, no caso da indumentaria feminina

A XXIII Matanza Tradicional terá lugar na parroquia de Barcia o vindeiro domingo 5 de febreiro, a partir das 10.30 horas da mañá. Segundo os concelleiros José Cuñarro (edil de Festas e encargado da Matanza), Avelino Souto e Carmen Canda (estes dous, edís de zona), é importante destacar a total dispoñibilidade que os veciños de Barcia tiveron dende o primeiro momento no que se lles propuxo ser anfitrións da Matanza e, sobre todo, agradeceron de primeira man a José Manuel Presas López, veciño que cederá a casa para poder levala a cabo a reconstrución da Matanza Tradicional do Porco.

O porco, un exemplar duns 250 quilogramos, se transportado como tradicionalmente se fixo, nun carro tirado por vacas e levado ao lugar do seu despece. Tras a Matanza, haberá unha degustación de produtos típicos como a costela, torresmos e chourizos na casa da escola, xunto á carballeira. A maiores, a veciñanza comprometeuse tamén á realización de sobremesas típicas. Esta degustación farase nunha carpa situada xunto ao centro social de Barcia.

Por outra banda, a celebración da Matanza estará narrada e comentada polo profesor e doutor en Antropoloxía Social, Xoán Carlos García Porral, natural de Cotarelo, na parroquia de Goiás, quen ten unha publicación sobre a mesma, titulado “A Matanza do Porco: cultura e tradición”, que achegará aos visitantes aspectos historiográficos, etnográficos, culturais e ata anecdóticos ao redor deste evento que está tan enraizado nas nosas tradicións.

Os oficiantes presentes, levarán vestimenta de tipo tradicional: boina e chaleco no caso do vestiario masculino e toquilla, camisa branca, falda de época e mandilóns, no caso da indumentaria feminina.

LUGAR DE APARCAMENTO

Haberá un lugar acondicionado para o estacionamento dos vehículos que estará situado ao carón da igrexa de Barcia, polo que os veciños que asistan ata a vivenda deberán acudir camiñando uns 100 metros.

MÚSICA POLA TARDE

Unha edición da Matanza que continuará cunha tarde de música, amenizada pola orquesta Reflejos, que tentará diminuír o frío da veciñanza.

km0