Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
A POLICÍA LOCAL ESTREA NOVO VEHÍCULO HIBRIDO DE TRACCIÓN TOTAL

O alcalde de Lalín indica que “estamos moi satisfeitos e agradecidos á Xunta, xa que nos deron nos dous últimos anos consecutivos dous coches para a Policía” co que “pasamos a ter unha frota actualizada, coa incorporación destes dous vehículos de última xeración

Hoxe ponse en marcha un novo vehículo, modelo Hyundai Tucson, para a Policía Local grazas a unha subvención concedida ao Concello de Lalín pola Vicepresidencia segunda da Xunta de Galicia (Consellería de Presidencia).

O alcalde de Lalín, José Crespo, destaca que “estamos moi satisfeitos e agradecidos á Xunta de Galicia, xa que nos deron para a Policía Local dous coches en dous anos consecutivos: a finais do ano pasado concedéronnos un coche diésel-híbrido e agora este Hyundai, tamén híbrido pero de tracción total, que permitirá acceder a lugares de máis difícil acceso”. “Son vehículos de renting que sufraga integramente a Xunta de Galicia”, indica.

“Deste xeito a Policía Local pasará a ter unha frota actualizada, coa incorporación destes dous de última xeración, xa que tiñamos unha frota moi antiga porque o último coche adquirírase hai case uns quince anos”, sinala.

Así neste mandato o Concello de Lalín conta con dous coches subvencionados integramente pola Xunta de Galicia.

km0