O encontro entre profesionais ten como obxectivo converter Lalín no quilómetro cero da gastronomía peninsular, situándoa no epicentro e nexo de unión das cociñas presentes nos distintos territorios dos Camiños de Santiago.
A cita terá lugar no Pazo de Liñares, onde terán lugar distintos faladoiros, así como unha cata gastronómica da man de Iván Domínguez. Un bus roteiro pola Comarca do Deza levará a xornalistas e bloggers especializados por espazos vinculados co cocido.
O Foro é a continuación do I Festival Gastronómico Cocidos do Camiño, que se celebrou no municipio lalinense o pasado mes de maio con diversas actuacións musicais e propostas gastronómicas realizadas por chefs de renome.
Esta mañá celebrouse a presentación do I Foro “Camiños Gastronómicos” na Casa do Concello de Lalín, á que asistiron o alcalde de Lalín, José Crespo, Nava Castro, directora da Axencia de Turismo de Galicia, Begoña Blanco, concelleira de Cultura, Turismo, Educación e Igualdade no Concello de Lalín, e Carlos Montilla, director de I-radia Crea, promotora que impulsa este proxecto para poñer a Lalín no centro das cociñas vinculadas co Camiño de Santiago.
A cita terá lugar o vindeiro día 20, en diferentes localizacións da comarca do Deza e o 21 de novembro no Pazo de Liñares xunto a profesionais do sector, chegados de diversos puntos do mapa, que participarán en faladoiros nos que o turismo gastronómico e o camiño de Santiago serán os eixos principais de debate.
A programación complétase cos seguintes temas: “A gastronomía nos camiños de Santiago", "Experiencias gastronómicos como motor turístico”, "Asociacións Gastronómicas Galegas: dinamizadoras dun turismo gastronómico sustentable", "Camiños e cocidos: viaxe gastronómica entre tradición e modernidade" e "Comunicar a gastronomía", na que intervirám diferentes relatores cuxa traxectoria ten relación con cada unha das temáticas correspondentes.
“Estrelas Gastronómicas” será o showcooking que servirá de colofón para o certame, un maridaxe de pratos selectos e de calidade combinado con cervezas Estrella Galicia, patrocinador do evento. O chef Iván Domínguez será o encargado da proposta culinaria.
O domingo 20, un bus roteiro fará unha ruta pola Comarca do Deza para dar a coñecer a medios e bloggers especializados, os diferentes espazos vinculados co cocido de Lalín e que terán como escenarios principiais a paisaxe do Deza.
Álex Iglesias, chef do Restaurante Cabanas, que participou no Festival Gastronómico en representación do Cocido Lalinense, xunto a Diego “Moli”, quen rexenta A Molinera en Lalín dende 2010, cunha oferta de cociña clásica de moita calidade e ben executada; son dous dos maiores expoñentes do cocido galego e colaboran no foro como asesores gastronómicos e representantes locais.
Xornalistas especializados e recoñecidos a nivel estatal coma Miquel Iturriaga, do El Comidista, Jorge Guitián, divulgador gastronómico, ou Pablo Portabales, de La Voz de Galicia, serán algúns dos expertos culinarios que asistirán coma participantes do Foro.
Desta maneira, o proxecto, en colaboración co Concello de Lalín e Xunta de Galicia, impulsa o intercambio de experiencias gastronómicas vinculando o Camiño coa Feira do Cocido de Lalín, recoñecida como unha das Festas de Interese Turístico Internacional.
Eventos de estas características permiten situar Lalín na cabeza dun movemento gastronómico global co que desenvolver accións que se postulen como pioneiras dentro do sector en Galicia e que se sitúen na vangarda dos eventos estatais e europeos. Aproveitando o éxito e a traxectoria histórica das festas do cocido búscanse novas vías para actualizar o concepto, dotalo de novo atractivo e convertelo nunha acción en liña coas tendencias gastronómicas globais.
Inscripcións abertas a partir de mañá, 3 de novembro, en info@caminosgastronomicos.gal ata completar aforo.
Festival Gastronómico
O festival Cocidos do Camiño tivo lugar do 13 ao 15 de maio no Campo da Feira de Lalín como punto de encontro para os amantes da gastronomia e da música. Un formato de mercado para todos os públicos onde se degustaron diferentes posibilidades gastronómicas elaboradas de xeito simultánea por cociñeiros de renome e actuacións musicais de gran proxección internacional, que levan con orgullo a nosa lingua, cultura e tradición fóra da nosa terra, como é o caso de Tanxugueiras, Baiuca ou Eladio y Los Seres Queridos.
Cociñeiros do Camiño de Santiago elaboraron catro elaboracións distintas do Cocido: Cocido de Lalín, Cocido Lebaniego, Pote Asturiano e Cocido Extremeño. Unha forma de unir a comida tradicional ó mundo e convertelo nun movemento gastronómico global a través dun prato de referencia en común.