Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
ACTIVIDADES DO 25N, UN CONGRESO SOBRE GASTRONOMÍA E CAMIÑO E OS CONCERTOS DE SANTA CECILIA NA PROGRAMACIÓN DE NOVEMBRO
  • Haberá tamén exposicións, charlas, presentación de libros, actividades de fomento da lectura e exposicións nun mes de ‘Cultura en Lalín con cores moradas’
  • O vindeiro venres inaugurarase no Museo a XV Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas Fundación Paco Lareo-A Solaina de Piloño co título “Unha pincelada a Paco”

A concelleira de Cultura, Begoña Blanco, dá a coñecer a programación cultural de novembro que levará por lema Cultura en Lalín con cores moradas. “As actividades serán variadas, como todos os meses, pero este é especial por estar sustentado polas actividades conmemorativas do 25N, o congreso Camiños gastronómicos e tamén por contar con importantes actuacións musicais das nosas formacións bandísticas e corais con motivo da celebración de Santa Cecilia”, explica Blanco. “Teremos tamén charlas, presentacións de libros, actividades de fomento da lectura, entre outras”, sinala.

Blanco destaca que “o primeiro día de actividades será o xoves día 3 ás 18 h na Biblioteca municipal onde se reunirá a comunidade de pequenos lectores Os e as Mirlotís, unha actividade de dinamización da lectura e de normalización lingüística que se vén desenvolvendo nos últimos meses con grande acollida.

“O venres 4 de novembro a partir das 20 da tarde inauguraremos no Museo municipal a <XV Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas Fundación Paco Lareo-A Solaina de Piloño> que levará por título Unha pincelada a Paco”, remarca. Nela tomarán parte os/as seguintes artistas: Cristina Castro Romero; Uxía González Fernández; Cora Nova Pérez; Lucía Perdiz Dávila; José Miguel Pinho Almeida; Juan José Liñares Nieto; Armando Emilio Martínez Vázquez; Fernando Manuel Veloso Pereira; Carmen López Barcala; María Porto Romero; Begoña Costa Guerra; Camilo Camaño Xestido; Lucía Dubra; Carlos Santos, Fondevila e Paío.

“Xa o xoves día 10 haberá unha charla informativa sobre ‘Agresións sexuais e violencia sexual’ ás 20:30 h na sala de prensa do Concello que estará impartida por Angélica Mercado Torres que é especialista universitaria en Estudos de Xénero e Políticas de Igualdade”, explica. “O venres 11 haberá unha charla coloquio e unha clase práctica de solo pelviano ás 20 h no Museo Ramón Mª Aller”, anuncia.

Así mesmo precisa que “volveremos ter aos pequenos Mirlotís o xoves 17 na biblioteca á 18:30 e ás 19 h terá lugar a presentación do libro ‘No bico no vento’, o novo libro-poemario de Charo Golmar no hall do Concello”. “Se nos adentramos no sábado 19 haberá un concerto de santa Cecilia da Banda de Vilatuxe ás 12:15h no auditorio de Vilatuxe e xa na tarde e ás 17 h  farase no baixo da casa de don Álvaro un show cooking sobre merendas saudables organizado por Mel e Canela”. “Ás 21 horas no Salón Teatro terá lugar o concerto do Coro da Ra organizado pola Coral de Lalín”, afirma.

Xa na segunda quincena de outubro, o domingo 20 e o luns 21 de outubro Blanco avanza que “se desenvolverá o Foro Camiños gastronómicos enmarcado no proxecto Os Cocidos do Camiño”. Tamén o domingo e partir das 12:30h será o concerto de Santa Cecilia da Banda de Muimenta no auditorio desta parroquia e ás 19 h no Salón Teatro terá lugar unha actuación de <Música de coral no outono>, ofrecido polo concerto do Coro Luis Areán e Xoven Voz e organizado pola coral de Lalín.

A concelleira destaca que o xoves 24 desenvolveraseunha charla coloquio sobre a alimentación na muller baixo o título de “Alimentación para combater os trastornos na menopausa” que será as 20:30h no Museo Ramón Mª Aller.                                                                                       

De igual modo subliña que “o venres 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, haberá, como vén sendo habitual por estas datas, unha concentración de repulsa contra a violencia de xénero no vestíbulo do concello ás 12 h na que participarán centros educativos lalinenses”. “Na fin de semana, no Pontiñas Centro Comercial e de Ocio Gadis desenvolverase o sábado 26 de novembro a partir das 18 horas a habitual iniciativa <Arte-acción contra a violencia de xénero> que abrangue unha mirada desde diferentes manifestacións artísticas, literatura, danza, música, imaxe... para visibilizar o traballo contra a violencia, acto durante o que tamén se fará entrega dos premios do concurso de cartas <Dillo a quen maltrata> cuxo prazo de presentación de traballos remata o 3 de novembro”, detalla.

“Ese mesmo sábado ás 20h e no auditorio de Lalín (sala Tuno Valdés) será o concerto de Santa Cecilia da Banda de Lalín, mentres que o domingo 27 terá lugar a andaina <Facendo Camiño por Lalín: Ruta das Devesas do Candán”, de 12 quilómetros e cunha dificultade alta lineal, promovida polo Concello en colaboración con Roteiros", precisa. As persoas que desexen máis información ou inscribirse: www.roteiros.lalin.gal.

“Nesta xornada dominical tamén terá lugar o Concerto de Santa Cecilia da Banda de Prado, a partir das 14 horas no CEIP Xoaquín Loriga”, puntualiza.

“Para finalizar o mes, o martes 29 na sala de prensa do Concello terá lugar a conferencia e foro-debate Consecuencias da violencia de xénero” impartida por Miguel Lorente que é  médico forense e experto en violencia de xénero”, subliña. Unha actividade dirixida a público adulto: familias, profesorado, profesionais e persoal técnico. “E o martes 30 de novembro ás 12 horas nao salón teatro desenvolverase un obradoiro a cargo de Lorente dirixido a alumnado dos institutos que versará sobre <Violencia de xénero e masculinidade>”, conclúe.

Exposicións novembro

  • MUSEO RAMÓN Mª ALLER:
    • EXPOSICIÓN DA XUNTANZA DE PILOÑO. A SOLAINA.
      • Do 4 ao 25 de novembro

    • EXPOSICIÓN DE LAXEIRO
      • Permanente

  • AUDITORIO MUNICIPAL:
    • EXPOSICIÓN DA ASOC. DE AMAS DE CASA LAXEIRO
      • Ata o  6 de novembro

  • PAZO DE LIÑARES:
    • EXPOSICIÓN DA COLECCIÓN A.CHAVES. MUSEO GALEGO DO XOGUETE
      • Permanente

    • EXPOSICIÓN DO LEGADO DE HILGEN
      • Permanente

    • EXPOSICIÓN SOBRE O AVIADOR JOAQUÍN LORIGA
      • Permanente

    • EXPOSICIÓN DO CENTRO DE XESTIÓN DO COÑECEMENTO ARQUEOLÓXICO
      • Permanente

    • MUSEO GALEGO DA MARIONETA
      • En montaxe

km0