Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O ALUMNADO DO OBRADOIRO SÁMAGO TEN DISPOÑIBLE TODO O MATERIAL DIDÁCTICO NAS TABLETAS ELECTRÓNICAS QUE RECIBIRON, COAS QUE SE FACILITA UNHA FORMACIÓN CONTINUA
  • Finalizaron o curso de prevención de riscos laborais e o curso de alfabetización de informática. Proximamente realizarán o curso de montaxe de andamios e o de sensibilización ambiental e igualdade

Os vinte alumnos/as traballadores/as do obradoiro de emprego Sámago recibiron tabletas electrónicas para mellorar a súa formación. Así cada un deles poderá consultar todo o material didáctico de cada un dos certificados que se imparten nas dúas especialidades que ten este ano o obradoiro: albanelería (operacións auxiliares de revestimentos continuos en construción) e forestais (actividades auxiliares en conservación e mellora de montes).

Ademais, tamén se vai utilizar para a formación continua calquera outra aplicación que se vexa necesaria para mellorar a formación do alumnado (xeolocalización, manexo de planos en obra, sistemas de control de tempos de traballo...).

Así mesmo o alumnado vén de rematar o curso de prevención de riscos laborais de 60 horas e o curso de alfabetización de informática de 10 horas. Para as vindeiras semanas, a sección de albanelería ten previsto realizar o curso de montaxe de andamios e as dúas seccións, conxuntamente, os curso de sensibilización ambiental e igualdade.


O obradoiro dual de emprego Sámago deu comezo a principios de decembro e desenvolverase ata finais de agosto.

km0