Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
ANTÓN DIÉGUEZ E SHEILA LÓPEZ FORON OS GAÑADORES DO I CONCURSO DE POSTAIS “ALDEAS DE NADAL”
  • Os premios entregaranse o martes 14 de xaneiro ás 19 horas na Biblioteca Municipal

  • O xurado, presidido pola concelleira de Cultura, avaliou e determinou os corenta traballos presentados na tarde do luns, 30 de decembro, para elixir os dous gañadores

Antón Diéguez López, de 5 anos, e Sheila López Vázquez, de 10 anos, os dous de Lalín, foron os gañadores do I Concurso de Postais “Aldeas de Nadal” 2024, promovido pola Biblioteca Municipal Varela Jácome co que se fomenta a expresión artística, a creatividade e a participación activa dos/das nenos/as lalinenses. Así o avanza a concelleira de Cultura, Paz Pérez, que remarca que Antón Diéguez se alzou co premio na categoría A (de 3 a 6 anos) e Sheila López co premio na categoría B (de 7 a 12 anos). Ambos traballos gañadores reproducen debuxos sobre as Aldeas de Nadal.

Paz Pérez remarca que os gañadores foron elixidos por un xurado constituído ao efecto e que se reuniu na tarde do 30 de decembro para avaliar e seleccionar as postais gañadoras do citado concurso. O xurado presidido pola concelleira de Cultura estivo conformado polo concelleiro delegado de Xuventude, Avelino Souto; pola traballadora da Biblioteca Municipal, Elena Abollo e actuou como secretaria Belén Vilariño.

Tras a a apertura dos 40 sobres presentados (21 na categoría A, de 3 a 6 anos e 19 na B de 7 a 12 anos) o xurado decidiu outorgar os premios a Antón Diéguez e a Sheila López que recibirán os premios nun acto que se desenvolverá na Biblioteca o vindeiro día 14 de xaneiro ás 19 horas.

Os premios consistirán nun diploma e nun lote de libros para cada unha das categorías ademais dunha mención especial para todos os participantes, con cuxos traballos se realizará unha exposición na propia Biblioteca.

km0