-
Cifra en máis de 4.000 as viaxes realizadas no tren das Aldeas que acolleu 2.000 viaxeiros por taquilla e outros 2.000 procedentes dos 15 colexios que se achegaron a Lalín en excursións ao longo da semana
-
Destaca a boa acollida do proxecto Escaparates Máxicos que reúne nun concurso a 31 establecementos de comercio que axudan a mellorar aínda máis todas as rúas con ambiente de comercio.
-
Xa está aberta a votación para participar na votación que elexirá o mellor escaparate.
A concelleira de Turismo, Karen Fernández, cifrou en máis de 4000 as viaxes do tren na primeira semana de funcionamento das Aldeas de Nadal, de xoves día 5 ao xoves día 12. Unha cifra importante que se multiplicará nos vindeiros días e de xeito especial cando empecen as vacacións de Nadal. A edil indica que “dúas mil viaxes realizáronse por taquilla a fin de semana e as restantes foron as realizadas polos alumnos dos distintos centros que ao longo da semana visitaron as aldeas de Nadal”
Ao longo desta semana foron 15 os centros académicos galegos que visitaron as aldeas de Nadal e que continuarán ao longo da vindeira semana en que hai xa confirmadas visitas de Oleiros, Ferrol e de varios puntos de toda Galicia.
A edil indicou que, despois do éxito rexistrado a pasada fin de semana, e de manter unha reunión cos hostaleiros participantes na Aldea Gastro decidiuse “abrir a Aldea Gastro xa en horario de mañá, a partir das 12:00 horas, para completar a oferta gastronómica das Aldeas e reforzar a oferta gastronómica, para impedir que como ocorreu a pasada semana, xente que veu a visitar as aldeas tivese que desprazarse fora de Lalín”.
EXISTENCIAS AGOTADAS
Fernández Lamela precisa que “os primeiros tres días de funcionamento foron moi bos, con algúns dos postos que tivo que pechar de xeito anticipado ao acabar as existencias que tiñan preparadas para esa xornada e ante a imposibilidade de reacopiar material”.
Na tarde noite deste venres, tamén grazas ao bo tempo, o ambiente das aldeas de Nadal “xa foi importante e agarda que esta fin de semana, na que non se agarda choiva, os números volvan a ser semellantes aos da semana anterior”.
A MELLOR CAMPAÑA DE NADAL
A edil indica que “as Aldeas de Nadal, está claro que é a mellor campaña de Nadal para comercio e hostalería que podíamos por en marcha” e a “mellor mostra foi a implicación de máis de tres decenas de comercios que optaron por seguir a tendencia das Aldeas de Nadal e decoraron todos os seus escaparates, a maioría de eles con moito gusto e converténdose nun atractivo a maiores do pobo como as propias Aldeas”. A concelleira anima a “visitar os comercios da vila para ver os seus escaparates e a puntualos nos qr que hai nos escaparates”.