Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
CRESPO PRESENTOU AOS PAIS DE ALUMNOS QUE USAN O TRANSPORTE ESCOLAR EN CARRAGOSO-TRIGUEIRIZA AS MODIFICACIÓNS NA CONFIGURACIÓN DA PARADA SITUADA ONDA O BAR SUSO
  • Mellora a seguridade viaria dos cativos aos reubircarse en puntos máis próximos e coherentes co paso de peóns e situarase nunha zona asoportalada para que os pais e os nenos poidan agardar a cuberto.

  • Tamén se modifica nunha decena de metros a ubicación do paso de peóns situado á altura do número 24 da Avenida de Cruces.

O alcalde de Lalín, José Crespo, acompañado dos concelleiros Raquel Lorenzo e José Cuñarro, mantivo onte unha reunión cos veciños de Carragoso-Trigueiriza que utilizan o transporte escolar para desprazar aos seus fillos aos centro lectivos a fin de explicar as modificacións nas paradas escolares que se levarán a cabo a principio do ano que ven cando se acometan os traballos de mellora do firme da estrada Lalín-Cruces que no seu tramo inicial coincide coa Avenida de Vila de Cruces.

Na xuntanza, na que participaron unha decena de veciños, presentouse a mellora proposta pola Demarcación de Estradas da Xunta en Pontevedra para mellorar a seguridade dos cativos no acceso e baixa do transporte escolar. A proposta pasa por reubicar o paso de peóns existente á altura do número 24 en dirección Vila de Cruces, para axustalo á nova ubicación das paradas de autobuses. Co a intención de incrementar a seguridade viaria dos cativos, as dúas paradas situaranse antes e despois do paso de peóns. Así, á hora do acceso ao autobús, a parada quedará situada despois do paso de peóns para que os nenos ao baixar poidan acceder a esa zona de paso por detrás do vehículo. Nese punto tamén se reaxusta a posición dos colectores que se colocarán a continuación da propia parada.

Á hora de descender do autobús, á saída do colexio, a parada tamén quedará situada a continuación do paso de peóns que está á altura do número 24, na actualidade está moito máis adiante, xunto ao calexón, e máis próximo á rotonda. Con esta nova ubicación, os pais cando agardan e os nenos cando chegan e teñen que esperar polos pais, poderán agardar nunha zona do edificio asoportalada, co que implica de mellora en caso de choiva ou malas condicións do tempo.

Os veciños, que viron ben as modificacións presentadas, tamén solicitaron a colocación duns bolardos no acceso á rúa da raqueta para mellorar a seguridade no acceso e evitar sustos e pequeno incidentes.

En principio, e por decisión de Estradas da Xunta, descartouse a ubicación neste viario de lomos de burro nese paso de peóns ao estar situado entre dúas rotondas. O que si se solicitou dende o goberno municipal é a colocación de sinais luminosas claras dos pasos de peóns e da ubucación dunha parada escolar.

Os traballos que están previstos poderían acometerse ao longo do primeiro mes do ano que ven e está previsto que ademáis dos temas de seguridade e de reposición na platafroma de rodaxe viaria, tamén se inclúa na mesma a modificación da configuración da beirarrúa no entorno das paradas de autobús.

km0