Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
DESDE O VENRES E ATA O 5 DE XANEIRO VECIÑOS E VISITANTES PODERÁN VOTAR POLOS ESCAPARATES DAS “ALDEAS DE NADAL” QUE MÁIS LLE GUSTEN

A votación poderá facerse a través de códigos QR que estarán instalados nos 31 escaparates dos establecementos que participan nesta innovadora iniciativa

 

  • Con esta iniciativa, posible coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, incentívase a dinamización do pequeno comercio ademais de fomentar que os comerciantes decoren os seus escaparates con creatividade e sustentabilidade

  • Os dous máis votados recibirán un 1º premio dotado con 500 euros ademais de que Aldeas de Nadal se compromete a realizarlle o escaparate do ano que vén e un 2º premio de 500 euros

  • En colaboración coa AED vaise desenvolver un sorteo de vales de regalo para mercar no comercio lalinense no que poderán entrar todas as persoas que fagan o percorrido dos escaparates máxicos, collendo a tarxeta na caseta da AED, na Aldea Gastro, e a entreguen selada cos 31 establecementos, o que lle dará dereito a entrar no sorteo

  • O sorteo tanto dos premios do concurso de escaparates como dos vales comercio terá lugar o 7 de xaneiro

Desde o venres 13 de decembro e ata o 5 de xaneiro, ambos incluídos, todos os veciños e visitantes que o desexen poderán participar no concurso de escaparates das “Aldeas de Nadal”, votando polos que máis lle gustan a través de códigos QR (situados nos propios escaparates).

Así o sinala a concelleira da área de Aldeas de Nadal, Karen Fernández que destaca “a elevada participación (31 establecementos) nesta iniciativa innovadora de “Aldeas de Nadal”, que é posible coa colaboración da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia, coa que incentivamos a dinamización do pequeno comercio, ademais de fomentar que os comerciantes decoren os seus escaparates con creatividade e sustentabilidade”.

Karen Fernández precisa que “cada un destes 31 escaparates contén no seu interior unha casiña de madeira artesanal das Aldeas de Nadal e unha historia <máxica> como elementos diferenciais, ademais de ter instalado un código QR, de tal forma que os veciños e visitantes cando pasen por diante deles poidan votar polos seus preferidos. Os dous máis votados recibirán: 1º premio: dotado con 500 euros ademais de que Aldeas de Nadal se compromete a facerlle o escaparate do ano que vén e 2º premio dotado con 500 euros”.

A responsable municipal remarca que “a alta participación nesta primeira edición deste concurso de escaparates <Aldeas de Nadal> permitirá que Lalín se converta durante estes días de Nadal nunha especie de conto máxico, pola cantidade de establecementos participantes neste proxecto estrela das Aldeas de Nadal nesta edición”.

A relación de establecementos participantes xunto o título das historias que contan, é a seguinte:

  1. Herboristería Estalitroque- Robe, o reno que quería voar

  2. Calzados Huella-Boneco de Xenxibre

  3. Coqueterías-El Cascanueces

  4. Ness-Shop-A Maxia de Nadal

  5. Nenos Shoes-Rudolf

  6. Tele-Seita-O Ratiño Pérez na Aldea dos Soños de Nadal

  7. Colorín Colorado-Hansel e Gretel

  8. C&A Tenda-Antiga de Chuches e Agasallo

  9. Fotografía Bernabé-Pinocho

  10. Óptica Pereiro-O copo de neve

  11. Sergent Major-Quebranoces

  12. Centro Óptico-Ana Blanco Brancaneves

  13. Saber vivir-A bela durminte

  14. Express Pellets-Frozen

  15. Piscofino-O Castiñeiro Apalpador

  16. Embutidos Lalinense-Os tres porquiños festexan o Nadal

  17. Nereira Novias-Papá Noel salva o Nadal

  18. Moca-Os contos esquecidos

  19. Ve de Íntima- Brancaneves

  20. Clochett-Refuxio de soños/Caperuchiña Vermella

  21. Mi casa Lalín-Un conto de Nadal de Dickens

  22. Xoiería López Romero-Alma de Nadal

  23. María Pájaro-O quebranoces e o Rei dos ratos

  24. Viralatas Petshop-Alicia no País das Marabillas

  25. Guerra-Charlie e a fábrica de chocolate

  26. G Básico-O Grinch

  27. El vestidor de Chloé-O xastriño valente

  28. Escalena-Frozen

  29. Alalá-O carteiro simpático do Nadal

  30. Dándara-Hansel e Gretel

  31. Charo-A Bela e a Bestia

Cómpre recordar que a maiores dos escaparates que toman parte no concurso “Aldeas de Nadal” o 29 de novembro se inauguraron, xunto ao acendido de luces, catro escaparates máxicos situados en rúas céntricas que recrean escenografía de Nadal (“O salón de Odila”, “O caixón dos monicreques”, “O nacemento do bosque” e “A tenda dos xoguetes do Comercio Novo”) e cos que se trata tamén de fomentar o fluxo de persoas no comercio local durante este Nadal. Iniciativa tamén patrocinada pola Dirección Xeral de Consumo da Xunta de Galicia.

Percorrido polos escaparates

Karen Fernández concreta que “en colaboración coa Asociación de Empresarios de Deza (AED), que forman parte deste proxecto -tanto na formación como no desenvolvemento do concurso de escaparates-, na caseta da AED situada na Aldea Gastro hai unhas tarxetas que poderán coller todas as persoas que visiten os escaparates e que poderán cuñar nos 31 establecementos, que forman parte do concurso de escaparates “Aldeas de Nadal”, facendo o percorrido por eles. “Unha vez que as tarxetas se selen nos 31 establecementos participantes do concurso, as persoas poderán entregalas na Aldea Gastro e entrar así no sorteo de vales de regalo para mercar no comercio de Lalín”. O sorteo dos vales terá lugar o día 7, que é o mesmo día que se entregarán os premios do concurso de escaparates, indica a concelleira.

Documentos
km0