Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CONCELLO ACHEGA 3.000 EUROS A ATEGAL PARA A REALIZACIÓN DO SEU PROGRAMA FORMATIVO DE ENVELLECEMENTO ACTIVO DURANTE ESTE ANO
  • O alcalde de Lalín vén de asinar un convenio de colaboración co presidente de ATEGAL

O Concello de Lalín vén de renovar a colaboración para o presente ano coa Asociación Cultural Galega de Formación Permanente de Adultos (ATEGAL), que permite continuar desenvolvendo o variado programa de envellecemento activo, que está a levar adiante a Aula Sénior de Lalín por terceiro ano consecutivo. Así o establece a sinatura do convenio asinado estes días entre o alcalde de Lalín, José Crespo, e o presidente de ATEGAL, Ángel Fagilde, polo que desde o goberno local se achegarán 3.000 euros para proseguir coas actividades das Aulas Sénior Lalín.

A través desta achega municipais a veciñanza pode desfrutar de actividades, tanto presenciais como permanentes nas seguintes áreas:

  • Área cultural: idiomas, historia da arte e de Galicia, xeografía, historia viva, literatura española e galegas, cinema e cultura.

  • Área ocupacional: debuxo e pintura ao óleo, pintura en tea, manualidades, música, solfexo, rondalla, teatro, informática, tabletas e ordenadores.

  • Área de saúde: pilates, ximnasia de mantemento, ioga, taichí, taller de memoria, habilidades sociais, risoterapia e danzaterapia.

  • Área de lecer: celebracións de magosto, Nadal, Entroido, Letras Galegas, visitas e viaxes culturais a museos e exposicións, inauguracións e clausuras de curso, participación en encontros, viaxe anual de fin de curso e actividades coa comunidade.

No caso concreto de Lalín impártense talleres de Patrimonio Histórico de Galicia, de memoria, de pinturas e manualidades, idiomas, informática e saídas e visitas culturais.

O obxectivo do convenio é procurar a coordinación efectiva cos distintos sistemas de benestar e protección social que actúen no noso territorio, así como coas entidades de iniciativa social autorizadas que complementen o traballo realizado desde a administración local, ao tempo que dar cobertura a aqueles/as veciños/as maiores de 55/60 anos que teñan que desprazarse fóra da localidade coa finalidade de crer unha contorna saudable cun marco de actuacións para unha vida activa e saudable e independente.

km0