Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
ENTREGA DOS PREMIOS LALINENSES DO ANO, MUSICAIS, CONCERTOS E FESTIVAIS DE NADAL NA PROGRAMACIÓN DE DECEMBRO
  • A concelleira de Cultura, Paz Pérez, anuncia as actividades para este mes de decembro, que se suman á programación das Aldeas de Nadal
  • Ademais tamén se desenvolverá o concurso de postais sobre as “Aldeas de Nadal” desde a biblioteca municipal, onde tamén haberá unha exposición de libros de Nadal

Paz Pérez, concelleira de Cultura, informa da programación para o mes de decembro, a maiores de toda a programación de Aldeas de Nadal:

  • Sábado 14: Festival de Nadal da Banda de Vilatuxe  ás 19 h no Auditorio de Vilatuxe e festival de Panxoliñas da Coral de Lalín, ás 18 h no Salón Teatro (coas actuacións de Coral Polifónica Padronesa, Coral San Salvador de Camanzo e Coral Polifónica de Lalín).

  • Venres 20: Musical infantil tributo á Vaiana coa compañía Pares o Nones, ás 18 h no Salón Teatro (musical familiar que rende homenaxe á película de Disney “Vaiana”, nunha xira de estrea). Entradas en: woutick.es e  na recepción do Concello

  • Sábado 21: Festival de Nadal de Scene Ballet no Salón Teatro.

  • Mércores 25: Concerto de Nadal da Banda de Música de Vilatuxe ás no Lalín Arena (19.30 h, apertura de portas).

  • Venres 27: 20.30 h entrega do premios “Lalinenses do Ano 2024”.

  • Sábado 28: Concerto de fin de ano da Banda de Música de Lalín na sala Tuno Valdés

  • Domingo 29: cantos de Nadal polas Aldeas de Nadal a cargo da Coral de Lalín.

A maiores, tamén na biblioteca municipal organizarase unha exposición de libros de Nadal e o concurso de postais das “Aldeas de Nadal de Lalín”, que daremos a coñecer proximamente.

Recórdase que o vindeiro xoves, 5 de decembro, ás 18 h terá lugar a inauguración das Aldeas de Nadal na Casa de Papá Noel, á que está toda a veciñanza convidada.

km0