Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
OS PARTICIPANTES DA SECCIÓN SOCIOSANITARIA DE “LALÍN VERDE” PARTICIPARON NUNHA XERONTOLIMPIADA
  • Tomaron parte en diferentes probas en dezaseis grupos de cinco persoas

Esta mañá, en horario de 10 a 12 horas, tivo lugar no Lalín Arena, e a modo de despedida da sección sociosanitaria do obradoiro “Lalín Verde”, unha “competición” entre os participantes dos diferentes centros sociais que tomaron parte nesta especialidade do obradoiro. Participaron nestas Xerontolimpiadas unhas oitenta persoas en dezaseis equipos con cinco participantes de cada equipo, ademais de diverso público asistente, que recibiron a visita do alcalde, José Crespo, e da concelleira de Emprego, Beatriz Canda.

A competición compúxose de tres fases: unha primeira fase de clasificación onde participaron todos os equipos en dúas roldas cada un dos oito equipos nos que tiveron que realizar probas de aros (lanzamento de aros desde unha distancia e introducilos nun soporte); pesca (cunha caña, un cordel e un aro tiveron que “pescar” botellas nas que están colocadas a unha distancia); toallas (dúas persoas manexan unha toalla e outra persoa do equipo mete pelotas na toalla, hai que transportala e deixalas caer debaixo dunha caixa) e memoria (durante quince segundo amósase á persoa catro fotografías de obxectos, logo mestúranse con moitas máis imaxes e teñen que atopalas).

Ao remate das dúas roldas (3 minutos por proba) fíxose o cálculo a fin de clasificar os catro mellores para a fase de semifinais, na que se realizou a proba de condución dun vaso suxeitado por unha corda entre dúas persoas, unha por cada lado do circuíto, de xeito que non podía tocarse á corda nin caer o vaso, nos casos nos que se produciu os participantes tiveron que volver comezar. A proba tivo un tempo máximo de cinco minutos. Competiron en parellas de equipos o 1º clasificado contra o 4º clasificado e o 2º contra o 3º. Os catro equipos pasaron á fase final na que tivo lugar unha competición entre os dous equipos perdedores da fase anterior, de tal xeito que o gañador levou o trofeo ao terceiro posto.

En segundo lugar competiron os dous equipos gañadores para o 1º e 2º posto. Esta proba, de 2 minutos e consistirá en ir metendo un aro por un cordel e require a participación de todo o equipo.

Aos equipos mellores clasificados entregóuselles un trofeo de 1º (As Xeitosiñas da Xesta), 2º (As Guerreiras de Santiso) e 3º posto (As de Sempre de Soutolongo); así mesmo tamén se entregou un distintivo ao participante de maior idade (María Paz Senra, de 92 anos, de Prado) e medallas para todos os participantes.

km0