Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
O CONCELLO DE LALÍN COLGA A PANCARTA REIVINDICATIVA “NON Á VIOLENCIA”
  • Hoxe tamén se iniciaron nos colexios as actividades de educación sexual e adolescencias do proxecto “Abrimos o melón”

Dentro da programación municipal do 25N hoxe colocouse na balconada do Concello de Lalín a pancarta reivindicativa “Non a violencia” e deron comezo as actividades dirixidas ao alumnado de Primaria nos CEIPs de Lalín do proxecto “Abrimos o melón”. Trátase de talleres de educación sexual orientados para infancias e adolescencias. Hoxe desenvolvéronse no CEIP Xesús Golmar e mañá continuarán neste mesmo colexio e no CEIP Manuel Rivero; o 20 de novembro no CEIP Vicente Arias de la Maza e no CEIP Xoaquín Loriga; o 21 no CEIP Xesús Golmar; o 22 no CEIP Varela Buxán; o 27 no CEIP Xesús Golmar e no CEIP Manuel Rivero; o 28 no CEIP Vicente Arias de la Maza e no CEIP Xoaquín Loriga e rematarán o 10 de decembro no CEIP Varela Buxán.

Cronograma horario do proxecto “Abrimos o melón”

-18 de novembro CEIP Xesús Golmar ás 9:00 e ás 12:00 h.

-19 de novembro CEIPs Xesús Golmar ás 9:00 e Manuel Rivero ás 12:00 h.

-20 de novembro CEIPs Vicente Arias de la Maza ás 9:30 e Xoaquín Loriga ás 12:40h.

-21 de novembro CEIP Xesús Golmar ás 9:00 e ás 12:00 h.

-22 de novembro CEIP Varela Buxán ás 9:30 h.

-27 de novembro CEIPs Xesús Golmar ás 9:00 e Manuel Rivero ás 12:00 h.

-28 de novembro CEIPs Vicente Arias de la Maza ás 9:30 e Xoaquín Loriga ás 12:40h.

-10 de decembro CEIP Varela Buxán ás 9:30 h.

Cambios de emprazamento

Indicar que por necesidades loxísticas (ao desenvolverse no Concello a exposición sobre o Matemático Rodríguez) houbo variación de emprazamento nas seguintes actividades do 25N (as que non se mencionan quedan como estaban):

  • Exposición itinerante Racha cos tabús: pasa para o Salón Teatro do Auditorio de Lalín (instalarase en breve). Dirixida a todos os públicos, trátase dunha mostra itinerante coa que pretende sensibilizar e servir como reflexión arredor de tabús, que están en estreita relación cos estereotipos de xénero.

  • Arte-Acción contra a violencia de xénero: 23 de novembro ás 18 horas: desenvolverase no Salón Teatro do Auditorio Municipal. Unha mirada desde diferentes manifestacións artísticas, literatura, danza para visibilizar o traballo contra a violencia de xénero coa Asociación Máisquedanza, Scene Ballet, Pandereteiras Ponte da Prata, Iria Varela e Diego Rodríguez. No seu transcurso entregaranse os premios de cartas “Dillo a quen maltrata” 2024.

  • Concentración de repulsa contra as violencias machistas: 25 de novembro ás 12 h. Salón Teatro do Auditorio de Lalín. Lectura de mensaxes reivindicativas e outras manifestacións plásticas e artísticas contra as violencias machistas a cargo de alumnado dos centros educativos de Lalín: CEIP Xesús Golmar, CEIP Manuel Rivero, no CEIP Xoaquín Loriga e no CEIP Varela Buxán.

  • Programa socioeducativo de xénero: Carmen Ruiz Repullo: 17 de decembro. Salón Teatro.

km0