Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
LALÍN ORGANIZA UNHA EXPOSICIÓN TEMÁTICA NA BIBLIOTECA MUNICIPAL SOBRE LIBROS RELACIONADOS COA VIOLENCIA DE XÉNERO

Enmarcada na programación municipal do 25N estará dispoñible ata o 30 de novembro

 

 

  • Inclúe títulos que tratan a violencia de xénero e o feminismo, así como diversa cartelaría alusiva a estas temáticas

Desde hoxe e ata o 30 de novembro está dispoñible unha exposición de libros relacionados coa violencia de xénero na Biblioteca Municipal Varela Jácome. Unha actividade enmarcada nas actividades municipais do 25N e á que, con motivo da súa posta en marcha, se achegaron as responsables municipais de Igualdade e Cultura, Carmen Canda e Paz Pérez.

Esta mostra temática inclúe títulos que tratan a violencia de xénero e o feminismo, así como diversa cartelaría alusiva a estas temáticas.

Cómpre indicar ademais que a Biblioteca Municipal ten durante todo o ano á disposición dos/as usuarios/as un andel con libros sobre estas temáticas. Algunhas das obras máis recentes que se incorporaron foron: Son unha nena: sufrirei discriminación e violencia sexual?, de Yolanda Rodríguez Castro ou Guía de autodefensa feminista para adolescentes (e máis) de María Kronsky.

km0