Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
A ESE (EMPRESA DE SERVIZOS ENERXÉTICOS) DOS EDIFICIOS AVANZOU NOS DOUS PRIMEIROS MESES NO MANTEMENTO, REPARACIÓN E ACTUALIZACIÓN DE CADROS ELÉCTRICOS DE MEDIA TENSIÓN, SISTEMA DE CLIMATIZACIÓN E SERVIZOS CONTRAINCENDIOS
  • Ao rematar este proceso inicial, nas vindeiras semanas, comezará a substitución das actuais luminarias de incandescencia e fluorescencia pola de tecnoloxías led.

  • A redución de consumos e da pegada de carbono é un dos compromisos municipais deste goberno concretados no PACES

A empresa encargada da ESE dos edificio municipais xa acometeu a revisión e mantemento de todos os servizos de calefacción municipais nos principais edificios, revisando todas as caldeiras que están a xerar temperatura e a permitir que os sistemas estean a funcionar en condicións o máis óptimas posibles en función das tecnoloxías de climatización que utilizan o que permitirá que os usuarios do Concello, os colexios de primaria, Auditorios e algúns dos centros sociais teñan en perfecto estado de revista os seus sistemas de climatización.

Dous meses despois da implementación da ESE, que se produciu o 2 de setembro, a UTE Framiñán Monrabal ten xa moi avanzados os traballos de acondicionamento, revisión e mellora da maior parte dos cadros eléctricos das instalacións municipais. No caso da consistorial, dita revisión vai a permitir que se reduzan ao mínimo os cortes de subministro ou a interrupción do servizo, teñan o non corrente eléctrica externa, ao dispor o Concello dun xerador autóxeno que da enerxía a todo o edificio.

Tamén está moi avanzada a revisión de todos os extintores dos edificios públicos e os distintos detectores de lumes das edificacións para que o funcionamento do sistema contraincendios funcione nas óptimas condicións.

PRIMEIRA ETAPA

Esta primeira etapa de funcionamento, que consiste básicamente na revisión de cadros eléctricos, revisión dos sistemas de incendios e na revisión e reparación de caldeiras, substitución de elementos danados e mantemento dos distintos sistemas, como o cambio de filtros e pezas ao final da súa vida útil, dará a paso, no vindeiro mes, ao comezo da substitución dos elementos de iluminación nos distintos edificios. Concello, pavillóns e instalacións deportivas, locais sociais e colexios, sufrirán un amplo cambio nos sistemas de iluminación, pasando da tecnoloxía de incandescencia na súa maioría, ao moderno sistema de leds o que vai a permitir reducir os consumos enerxéticos, homoxeneizar os elementos de iluminación que presentarán temperaturas de color e potencias máis homoxéneos e a modernización dos sistema de control.

Como ocorreu coas luminarias das rúas e das aldeas, este migración de incandescencia ou fluorescencia a led vai a permitir un importante aforro enerxético, que se unirá no futuro a actualización de caldeiras e servizos radiantes para rexistrar un aforro importante tanto en consumos como no incremento do proceso de descarbonización.

km0