Novas

Buscador de Contenidos

Formulario
A EXPOSICIÓN “WILY, SEMPRE WILY”, PROLÓNGASE ATA O 20 DE NOVEMBRO
  • A ampliación responde ás peticións dos centros educativos, que aínda non a coñecen, para visitala

  • Estes días son unha boa ocasión para que todos os centros lalinenses se acheguen a visitala

A exposición “Wily, sempre Wily” amplíase ata o vindeiro mércores, 20 de novembro, debido ás peticións de centros educativos que aínda non pasaron e que queren visitala. No día de hoxe a mostra recibiu a visita dun grupo de 53 alumnos/as do CEIP Manuel Rivero e tamén do alumnado da Escola de Educación Infantil de Donramiro.

Esta semana que se prolonga é unha boa ocasión para que non quede ningún centro lalinense que non a coñeza.

km0