Novas

VISITA Á XIMNASIA NO RURAL DAS PARROQUIAS DE BARCIA E VILATUXE

O goberno continúa coa súa aposta forte na oferta de actividades que benefician á saúde da veciñanza e que ademais fomentan os lazos entre a comunidade

O éxito do programa no que participan unhas 300 persoas levou a ter que desdobrar as clases en varios centros sociais

O alcalde de Lalín José Crespo e o concelleiro de Deportes Avelino Souto visitaron no día de hoxe as parroquias de Barcia e Vilatuxe para observar de primeira man o éxito acadado das clases de ximnasia no rural. Segundo comentou o alcalde, “séguese apostando forte na oferta de actividades que benefician a saúde da veciñanza, e que ademais fomentan os lazos entre a comunidade e no que a maiores temos constancia de que remata sendo un momento de lecer”.

 

Pola súa banda o concelleiro de Deportes comentou que “debido á alta afluencia de participantes que este programa tivo e o seu éxito, temos anotadas aproximadamente unhas 300 persoas. Froito disto tivo que tomarse a decisión de desdobrar as clases dalgúns dos centros sociais para poder dar cabida a unha maior cantidade de veciños na actividade”. Finalmente indicou que “para poder darlle continuidade a este programa, estase a executar con fondos propios, sendo subvencionada na súa totalidade polo Concello de Lalín e resultando así gratuíta para os usuarios”.

Finalmente a concelleira da zona de Barcia Carmen Canda tamén se achegou ata o emprazamento para darlles a benvida.

km0