Novas

PAZ PEREZ E CARMEN CANDA ACODEN Á ASOCIACIÓN MOREA PARA REIVINDICAR O DÍA DA SAÚDE MENTAL

O obxectivo é que a saúde mental sexa unha prioridade a nivel mundial

A Asociación de familiares e enfermos mentais MOREA presta uns servizos moi satisfactorios para axudar ás familias e doentes en Lalín

No día de hoxe a tenente alcalde Paz Pérez e a concelleira de Saúde Carmen Canda acudiron á asociación AFEM MOREA de Lalín por mor do día 10 de outubro día mundial da saúde mental. Tal e como mencionou Pérez, “esta asociación fai unha labor esencial entre a nosa sociedade xa que prestan servizos como atención domiciliaria, acompañamento integral, club de lecer, servizo de comunicación, servizo de información e orientación, servizo de asesoría xurídica e centro rehabilitación psicosocial”. A edil tamén fixo mención a que “esta asociación é unha das beneficiarias das subvencións que o Concello de Lalín aboa ás asociacións sen ánimo de lucro, e neste intre, MOREA conta con 15 beneficiarios”.                                                                                          

Canda pola súa banda mencionou que entre as actividades que desenrolan, resolven  problemas matemáticos, fan calceta, cestería, ou cursos de informática. As labores de Morea permiten facilitarlle a vida a todas aquelas persoas que conviven con estas doenzas non seu día a día e en moitos dous casos axuda a dar un paso máis na consecución de obxectivos, e en concreto, este día persegue o obxectivo de  lembrar que a saúde de cada individuo é a sólida base para a construción de vidas plenas e satisfactorias”.  A edil fixo especial fincapé en que “cada ano o día mundial ten un lema, e o deste 2022 é  "Facer da saúde mental e o benestar para todos unha prioridade mundial". Trátase de traballar en conxunto para reflexionar acerca das accións a implementar para que a saúde mental sexa unha prioridade a nivel mundial.

Finalmente, as profesionais sanitarias do centro agradeceron a visita e tamén mostraron a súa satisfacción coa resposta do grupo, así como mencionaron a boa sintonía entre os beneficiarios do servizo. Tamén destacaron que o cambio de instalacións supuxo unha gran mellora.

km0