Instalacións

O CMUS Profesional de Lalín ten a súa sede ao nordeste da vila de Lalín, na zona escolar denominada Rúa da Banda de Música de Lalín nº 10. A rúa do Centro é unha rúa morta, sen saída, que da acceso ao IES Ramón Mª Aller Ulloa, as Piscinas Exteriores do Concello de Lalín, á Gardería Pontiñas e ao Parque do Pontiñas.

O edificio que alberga ao CMUS Profesional de Lalín é o Auditorio Municipal da vila. Este edificio divídese en dúas zonas de aulas diferenciadas divididas pola Sala “Tuno Valdés”. O Centro conta con aulas, dous auditorios, biblioteca, zona de oficinas, cabinas de estudo, etc.