Novas

OS ALUMNOS DO OBRADOIRO DE EMPREGO SENDAS II DA MODALIDADE DE FORESTAIS ATÓPANSE RESTAURANDO OS MUÍÑOS DO PASEO DO PONTIÑAS

Están a acometer melloras de acondicionamento nos dous muíños que se atopan na entrada do paseo e o que se atopa a carón da depuradora

As lousas que se están a utilizar foron seleccionadas polos propios alumnos do obradoiro

O equipo de forestais está a desbrozar o paseo do Pontiñas e están a piques de rematara a marcación do Trail do Candán

Os alumnos do obradoiro de emprego “Sendas II” da sección de albanelería están acometendo as melloras e ao acondicionamento necesario para a restauración de 3 muíños que se atopan a carón do río Pontiñas dos cales dous están localizados na entrada do paseo e un deles a carón da depuradora.

Cómpre destacar que xa se terminaron os procesos de limpeza da contorna e do interior dos tres así como a substitución dos chans de terra por lousado con pedras. Máis en detalle, no muíño que esta xunto á depuradora xa se acometeu a limpeza do cubo e tamén o desescombrado da saída do inferno (lugar onde se produce a rotación do muíño por mor da froza da auga e a súa saída posterior) así como a restauración dos muros de contención.

Nos muíños da entrada do paseo, a situación está moi avanzada no que se refire á limpeza e restauración da canle de rega xeral e o cubo e aliviadoiro dun deles. Unha tarefa moi importante e que está tamén bastante avanzada, é o acondicionamento do terreo para preparar as zonas de acceso parta permitir futuras visitas. Cando se comezou a restauración era moi complexo desprazarse pola contorna dos muíños, debido ás pendentes e zonas de pedras esvaradías.

Nestes momentos terminouse practicamente de restaurar o cumio dun dos muíños e colocáronselle estadas que van a permitir asentar a estrutura de madeira do tellado para finais de mes. Cómpre destacar que todas as pedras utilizadas, tanto nos muíños (chans, paredes, …) como na restauración de canles ou dos muros foron recuperadas de tal xeito que se favoreceu a economía circular dos materiais sendo os alumnos os que as seleccionaron e colocaron manualmente facendo do proceso de construción un proceso eficiente en canto a recursos.

Por outra banda, a sección de Forestais xa colocou o 70 % dos 110 postes de sinalización do Trail do Candan, colocación feita exclusivamente con medios manuais. Tamén se atopan rozando todo o paseo de Pontiñas, continuando en prol do mantemento dos espazos públicos e formándose como futuros profesionais dos sectores tratados.

km0